Campus Sar en Semana Santa

Buscas o mellor plan para a rapazada nestas vacacións? No Multiusos Fontes do Sar témolo todo preparado para que a cativada non pare de desfrutar mentres aprende e fai deporte.

Datas e Horarios

O campus desenvolverase os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e 6 de abril.

  • Horario xeral: De 8:45h a 14:30h.

  • Conciliación: Opción de ampliación de 8:00h a 16:00h.

  • Servizo de comedor: Dispoñible para quen o precise

Idades e Actividades

Un programa deseñado para nenos e nenas de 4 a 16 anos:

  • Deporte total: Actividades físicas e sesións diarias de piscina.

  • Raqueta: Iniciación ao pádel e tenis.

  • Creatividade e idiomas: Obradoiros lúdicos e actividades en inglés.

Inscrición e Prezos

As prazas son limitadas! Podes realizar a inscrición dende o 2 de marzo nas recepcións de MultiSan.

Categoría Prezo por día
Abonados/as 10,75€
Non abonados/as 16,50€
Pin It