Xa está aquí o reto do ano! Participa na AthlonX Hybrid cun 50% de desconto

O vindeiro sábado 27 de xuño, o Multiusos Fontes do Sar converterase no epicentro do fitness coa chegada da competición híbrida AthlonX. Unha das citas estrela deste 2026 que poñerá a proba a túa potencia e resistencia nunha combinación perfecta de adestramento funcional e cardio.

Como persoa abonada de MultiSan, queremos que formes parte desta experiencia cunha vantaxe exclusiva!

Promoción Especial para persoas abonadas MultiSan

Ofrecemos un 50% DE DESCONTO directo na inscrición para as 200 primeiras persoas en solicitalo. Non deixes que escapen!

Como conseguir o teu desconto?

  1. Accede á túa área de usuario para a reserva de actividades dirixidas.

  2. Busca o teu código único dun só uso no display lateral do apartado de reservas.

  3. Aplícao ao facer a túa inscrición en www.adrenalinerace.es ou athlonx.es.


Detalles do Evento

Prepárate para superar estacións de forza e tramos de resistencia deseñados para todos os niveis. Podes inscribirte en diferentes modalidades:

  • Individual: Pon a proba os teus propios límites.

  • Parellas: Elixe ao teu mellor aliado/a.

  • En grupo: Vive a adrenalina en equipo.

Tarifas (Público Xeral)

As inscricións xa están abertas. Lembra que canto antes te apuntes, mellor prezo obterás!

Período de inscrición Prezo
Ata o 12 de abril 57€
Do 13 de abril ao 3 de maio 62€
Do 4 de maio ao 7 de xuño 69€
Do 8 de xuño ao 21 de xuño 74€

Entra xa na túa zona de reservas, recolle o teu código e non te quedes sen o teu oco nesta batalla!

Pin It