A Escola do Liceo La Paz imparte un curso de MONITOR DE TEMPO LIBRE no Multiusos Fontes do Sar

Se queres ser monitor de tempo libre este é o teu curso. Dende finais de decembro ata febreiro, durante as vacacións de Nadal e as fines de semana, a Escola do Liceo La Paz impartirá no Multiusos un curso de Monitor de Tempo Libre para acadar a titulación oficial.

O curso consta de 200 horas de clases teórico-prácticas e 150 horas prácticas nunha entidade de tempo libre ou 14 días de campamento. O curso inclúe material, apuntes, secretaría do curso,tutorización das prácticas e xestión de títulos. A matrícula custa 250 €.

Se estás interesado/a, fai a preinscrición a través de correo electrónico en etl.liceo@gmail.com ou no teléfono 609445587, e a empresa organizadora se poñerá en contacto contigo.

Pin It