Fórmate no Multiusos para ser instructor de Pilates

O Multiusos Fontes do Sar acollerá dende o 4 de febreiro un curso completo de instructor de Pilates no que se inclúen todos os niveis de exercicios (básico, intermedio, avanzado + aparatoloxía básica). As persoas que superen o curso obterán un título oficial, avalado pola PMA (PILATES METHOD ALLIANCE) de EE.UU.
Os profesores encargados de impartir a formación son Pilar Rey (licenciada en Ballet Clásico, Teacher Certificate Royal Academy of Dance, instructora de Matt Pilates, Studio Pilates e Pilates para embarazadas) e Fran Gómez (adestrador persoal, nutricionista deportivo, instructor de Matt Pilates, de Fitness e especialista en Pilates con plataforma). As clases desenvolveranse na instalación deportiva os días 4, 5, 25 e 26 de febreiro; 17 e 18 de marzo; 15, 16, 21 e 22 de abril.
Infórmate sen compromiso enviando un correo electrónico a fgomper@gmail.com ou pilreygon@yahoo.es, ou chamando aos números 655605540 ou 679456662.

Pin It