Aberta a inscrición para o curso semipresencial de PNB (Patrón para a Navegación Básica) que se presenta o 8 de xuño

O sábado 8 de xuño ás 10 h terá lugar no Multiusos Fontes do Sar a presentación de un curso semipresencial de PNB (Patrón para a Navegación Básica) para que os interesados á náutica poidan dispór xa no verán desta titulación obrigatoria para o manexo de embarcacións de recreo.

Como é habitual, o curso será de modalidade mixta ou semipresencial, é dicir, combinando un curso por Internet de última xeración desenvolvido en exclusiva pola Escola Náutica Portomeloxo, con 2 clases presenciais de 4 horas cada unha na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar os sábados días 22 de xuño e 6 de xullo en horario de 10 a 14 horas.

O exame oficial extraordinario celebrarase o martes 16 de xullo ás 10.30 horas na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.

O curso está organizado polo Multiusos Fontes do Sar e a Escola Náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL XGEN 021, dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades realizan conxuntamente.

Os alumnos poderán facer as prácticas oficiais obrigatorias en embarcacións homologadas da Escola Náutica Portomeloxo a prezos especiais e, á súa conveniencia, antes ou despois do exame teórico.

O PNB (Patrón para a Navegación Básica), cuxas atribucións se incrementaron coa nova lexislación vixente, permite o manexo de embarcacións de motor sen límite de potencia de ata 7,5 m. de eslora e de vela de ata 8 m. e de toda clase de motos acuáticas, en áreas de navegación de ata 5 millas de distancia dun porto ou lugar de abrigo. Este título é o máis popular pois ademais de non requerir de moito esforzo para obtelo é o máis económico e suficiente para a maioría dos navegantes.

O prezo do curso teórico é de 180 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo Santa Isabel e de 200 € para o resto. Os prezos inclúen material, suscripción ao curso “on line” e IVE. Para inscribirse, basta solicitalo por email a cursosnautica@multiusos.net e efectuar unha transferencia polo importe do curso teórico ao nº de conta 0182 0267 13 0201551355, ou ben pagar en efectivo o día da presentación.

Pin It