O 5 de outubro VOLVE MULTIXOGO cunha gran festa de apertura!

MULTIXOGOjosemanuelO domingo 5 de outubro a partir das 16h volve MULTIXOGO, o gran parque infantil para desfrutar en familia os domingos pola tarde no Multiusos Fontes do Sar! Ese día celebrarémolo cunha gran festa e cunha masterclass de Zumba con tintes solidarios á que poderán vir nenos e adultos a partir das 18:30h; para participar só hai que traer tapóns para axudar a José Manuel, un neno de Vedra que precisa dunha costosa operación e rehabilitación. A clase, que se impartirá na pista central, correrá a cargo de varios instructores titulados: Ana Martínez, Seluco Fernández, Mon Prieto, Estrella Castro, Luchi Deus, Angy Ojea, Elena Ecrich, Ainhoa Sixto, Laura Prieto e Lola Brea. Non podes faltar!!

MULTIXOGO regresará a partir desa data todos os domingos en horario de 16 a 20 horas con actividades para nenos e nenas de ata 12 anos:  inchables, camas elásticas, pista polideportiva, obradoiros, xogos… A entrada é sempre GRATUÍTA PARA OS NENOS que sexan ABONADOS do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel, e custaralle 10€ aos que non están inscritos en ningún dos dous centros. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda por un prezo de 7€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 10€/neno se non o é.  Os interesados só teñen que escribirnos a multixogo@multiusos.net ou chámanos ao 981 568 160.

Pin It