Xa aberta a inscrición para o Campus Sar de Semana Santa

CAMPUSSEMANASANTA2015Esta Semana Santa os rapaces tamén poderán desfrutar do Campus Sar que celebramos nas instalacións en todos os períodos vacacionais. Os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e o 6 de abril, os nenos terán a oportunidade de gozar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer dende as 8.45 ás 14.30 horas. O período de inscrición para o campamento abre o xoves 5 de marzo tanto para abonados aos centros como para non abonados.
O Campus Sar está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades que contempla son o pádel, o tenis e a natación, aínda que tamén hai tempo para o inglés, fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, o teatro, os xogos cooperativos, xogos tradicionais e moito máis. O prezo é de 9 € ao día para os abonados e de 13 € para os non abonados ás instalacións deportivas. 

Pin It