Multixogo despídese ata a vindeira tempada

Este domingo 7 de xuño é a última xornada de celebración do espazo MULTIXOGO antes do parón estival. O gran parque infantil do hall do Multiusos abre todos os domingos dende o mes de outubro de 16 a 20h con actividades para nenos e nenas de ata 12 anos:  inchables, camas elásticas, pista polideportiva, obradoiros, xogos… Despois do verán retomará a súa celebración.

Pin It