MULTIXOGO regresará a partir do 27 de setembro data todos os domingos en horario de 16 a 20 horas con actividades para nenos e nenas de ata 15 anos: inchables, camas elásticas, pista polideportiva, obradoiros, xogos… A entrada é sempre GRATUÍTA PARA OS NENOS que sexan ABONADOS do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel, e custaralle 10€ aos que non están inscritos en ningún dos dous centros. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda por un prezo de 7€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 10€/neno se non o é. Os interesados só teñen que escribirnos a multixogo@multiusos.net ou chámanos ao 981 568 160.
Noticias Relacionadas
-
Aberta a inscrición para o Campus Sar de...
17/04/2024 -
Aberta a inscrición para o Campus Sar de...
22/02/2024 -
Campus Sar Entroido ´24
19/01/2024 -
Multixogo especial Nadal coa visita de P...
19/12/2023