O 28 de setembro arranca unha nova Liga de Pádel e Tenis

O luns 28 de setembro empeza unha nova liga de pádel e tenis, que se celebrará nas pistas de Sar durante aproximadamente tres meses. Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta (esta última só en pádel), e poderán asistir participantes de todos os niveis, tanto se están comezando no deporte como se xa o dominan, xa que terán tres divisións entre as que escoller, 1ª, 2ª e 3ª. Como novidade nesta ocasión tamén haberá competición de tenis dobres.

Inscrición
Se estás interesad@ deberás anotarte na recepción das piscinas Fontes do Sar entre o 9 e o 22 de setembro. Só se permite unha inscrición por división. Os prezos son os que seguen:

– Abonados que estánTenisPa¦üdel-052 nos cursos: 5€/persoa.

– Resto de abonados: 10€ / persoa.

– Non abonados: 20€/ persoa.

*CADA PERSOA RECIBIRÁ UNHA CAMISETA DA LIGA.

Xornada final
Desputaranse os títulos daquelas ligas que estean conformadas por máis de un grupo. O resto de participantes xogarán “batallas” rápidas entre sí durante toda a tarde, e realizarase unha entrega de premios e sorteo de material deportivo entre todos os participantes.

Pin It