Adestra, suma selos e leva agasallos do 25º Aniversario! Co inicio da tempada e a campaña “Súmate ao movemento”, activamos “Renova o teu pasaporte”, a versión máis sinxela e motivadora do noso reto de lonxevidade.
Se xa tes o teu pasaporte da temporada anterior, só tes que reutilizalo; se es novo/a ou queres estrenar, pide un na recepción do centro, en cafetaría ou no centro de estética. Comezar a gañar premios nunca foi tan fácil!
Como funciona?
Tes ata o 31 de outubro para adestrar, participar nas actividades e sumar todos os selos que poidas. Cando completes o teu pasaporte, só tes que entregalo na recepción para canxear os teus selos polos seguintes agasallos exclusivos:
-
6 selos: Un par de calcetíns MultiSan.
-
7 selos: Unha bolsa de algodón orgánico.
-
8 selos: A camiseta oficial do 25º Aniversario.
(Nota: Os agasallos estarán dispoñibles ata fin de existencias).
Comeza xa a sumar selos no teu pasaporte e celebra connosco estes 25 anos de movemento en Santiago!




