O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel cumpren un cuarto de século. Consolidadas como un piar fundamental da vida saudable, o deporte e o lecer na capital galega, os centros celebran este 25 aniversario cun amplo abano de actividades especiais. Baixo o lema “Movendo Santiago”, a programación estenderase entre os meses de maio e xuño con eventos deseñados para todos os públicos e disciplinas.
Calendario completo de actividades do 25 Aniversario
A celebración arrincará a finais de maio e contará cos seguintes eventos destacados:
Eventos de Maio
- Mércores 27 de maio (21:15 h | Piscina de Sar): Reto 2K por Equipos. (As inscricións para esta actividade xa están abertas dende hoxe ás 12:00 h).
- Venres 29 de maio (10:00 h | Piscina de Sar): Especial Nicho & Nacho & Pancho.
- Sábado 30 de maio (De 19:30 a 20:30 h | Praza do Obradoiro): Unha dobre cita no corazón de Santiago coa Carreira Nocturna Santyago e unha Sesión Especial de Zumba.
Eventos de Xuño
- Sábado 6 de xuño (De 11:00 a 13:00 h | Vestíbulo principal do Multiusos): Un espazo para o benestar e a desconexión coa actividade Baño de Son.
- Sábado 13 de xuño: Xornada intensa coa Clausura da Liga de Pádel e Tenis (Pistas de Sar) e un esixente Triatlón Indoor na Piscina de Sar (10:00 h).
- Sábado 20 de xuño (11:00 h | Piscina de Sar): Benvida á nova estación coa Festa Welcome Summer.
- Do mércores 24 ao sábado 27 de xuño (Pistas de Sar): Celebración do Torneo 25 Aniversario de Pádel e Tenis.
- Sábado 27 de xuño (De 9:00 a 14:00 h | Pista central do Multiusos): O broche de ouro final poñerase co Multisan Cross & Run.
Inscricións e información
As persoas interesadas en participar nas diferentes actividades estade atentas ás nosas redes sociais para coñecer a data de apertura de inscricións e formalizar as vosas inscricións AQUÍ.
Grazas a todas e cada unha das persoas que formaron parte desta viaxe de 25 anos. Seguimos movendo Santiago con máis forza ca nunca!












