Este Nadal volve o Campus Sar! Inscrición xa aberta

Este Nadal os nenos e nenas de Compostela poderán volver desfrutar da programación multidisciplinar do Campus Sar, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. O tenis, o pádel, a natación, o inglés e os obradoiros centrarán a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén haberá momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc.

CAMPUSSARNADAL2016O campamento navideño está destinado aos rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvolveranse na piscina, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h.

Día tipo no Campus
8.45-9.15. Recepción no hall.
9.15-12.30. Inglés, actividades deportivas, xogos, obradorios, merenda.
12.30-14.00. Natación.
14.00-14.30. Recollida na piscina.

Inscrición

Está aberto o período de inscrición na recepción das tres instalacións. O prezo por día para abonados é de 9 €, e para os non abonados de 13 €.

Se desexas máis información podes consultarnos en control de accesos, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.

Pin It