¡Esta Semana Santa volve o Campus Sar!

Esta Semana Santa os rapaces tamén poderán desfrutar do Campus Sar que celebramos nas instalacións en todos os períodos vacacionais. Os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril os nen@s terán a oportunidade de gozar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer dende as 8.45 ás 14.30 horas. O período de inscrición para o campamento abre o luns 7 de marzo tanto para abonados aos centros como para non abonados.
O Campus Sar está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades que contempla son o pádel, o tenis e a natación, aínda que tamén hai tempo para o inglés, fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, o teatro, os xogos cooperativos, xogos tradicionais e moito máis. O prezo é de 9 € ao día para os abonados e de 13 € para os non abonados ás instalacións deportivas.

Pin It