Este domingo 15 de decembro, MULTIXOGO de NADAL con visita de Papá Noel e recollida solidaria de xoguetes

O domingo 15 de decembro, entre as 16:30 e as 20:30h, o Multiusos Fontes do Sar acollerá unha xornada solidaria con actividades para toda a familia, o Multixogo Nadal 2019. Haberá visita de Papá Noel, inchables, Zumba navideño para toda a familia, maquillaxe, obradoiros de postais navideñas e de adornos de Nadal, camas elásticas e xogos. A entrada é gratuíta coa entrega no acceso dun xoguete ou complemento deportivo novos (balóns, cordas, aros, equipación de deporte, xogos, etc); todo o recadado irá destinado para Cáritas, que llos entregará ás familias que máis o necesitan.

Continúa aberta a inscrición para o Campus Sar de Nadal

Este Nadal os nenos e nenas de Compostela poderán volver desfrutar da programación multidisciplinar do Campus Sar, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro. O campamento navideño está destinado aos rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvolveranse na piscina, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h. A inscripción continúa aberta na recepción das instalacións.

Pin It