Levas 10 anos con nós? Sorteamos 1 mes gratis para 10 abonados

Es abonado dende hai 10 anos ou máis? No Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel queremos agradecerche a túa fidelidade. Por iso, este ano poñemos en marcha un sorteo de 10 mensualidades GRATIS para todos os que levedes con nós unha década. Para participar non tes que anotarte nin facer nada, se cumpres as condicións xa entrarás no bombo automáticamente. O sorteo realizarémolo o día 23 de setembro, e publicaremos un vídeo en redes sociais no que se verá o proceso e o resultado cos 10 gañadores. Se es un dos afortunados, chamarémoste para comunicarcho. Moita SORTE!

Pin It