Nova data para o concerto de BAD RELIGION: o 22 de maio de 2022

Debido á situación actual marcada pola COVID-19, todos os concertos da xira de Bad Religion víronse forzados a moverse ao 2022, e alégranos informarvos que por fin temos nova data para Santiago: o 22 de maio de 2022. Esta xira lendaria, englobada no VANS Music Tour, fará a súa única parada no noroeste peninsular en Santiago de Compostela, no Multiusos Fontes do Sar, como xa estaba programada, e estarán todas estas bandas:

BAD RELIGION – 40+2 YEARS
– 22 de maio, Multiusos Fontes do Sar
◆ Invitados especiais:
Suicidal Tendencies
Millencolin
Desakato
Blowfuse
Bastards on Parade

Todas as entradas adquiridas para o concerto de 2021 serán totalmente válidas para o de 2022, e agradécese que na medida do posible as conservedes evitando devolucións, para así poder seguir adiante con todo o programado. No entanto, as persoas que queiran o reembolso da entrada poden solicitalo ata o 30 de abril enviando un correo electrónico a info@ayudaeventos.com ou acudindo ao punto de venda físico no que a compraran.

Para ter máis INFO e adquirir novas entradas: www.badreligion.resurrectionfest.es

Pin It