Concerto de Carlos Rivera no Multiusos Fontes do Sar

O 27 de xullo o artista mexicano fará parada en Santiago de Compostela coa súa xira “Un tour a todas Partes”. O concerto estará cheo de sorpresas e incluirá o repaso de boa parte dos seus éxitos, como “Que lo Nuestro Se Quede Nuestro”, “¿Cómo Pagarte?, ou “Me Muero”.

O espectáculo conta coa promoción da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia. As entradas están á venda a partir do luns 6 de marzo ás 12h en Entradas a tu alcance, Entrees e Ataquilla.

Pin It