Este verán o Multiusos Fontes do Sar celebra a decimoterceira edición do seu campamento multidisciplinar, o Campus Sar. A actividade está destinada á cativada de entre 4 e 16 anos e desenvólvese en quendas semanais durante todo o verán: entre o 23 de xuño e o 5 de setembro. O horario do campamento é de 8:45h a 14:30h, pero ofrécese a posibilidade de amplialo dende as oito da mañá e existe servizo de comedor con recollida ata as catro da tarde.
A piscina, as actividades deportivas e os obradoiros centrarán a formación e o entretemento da rapazada, aínda que tamén haberá momento para outras actividades como as xincanas, o pádel e o tenis, o baloncesto, o baile, o inglés, os xogos cooperativos ou as excursións. Cada semana as actividades enfocaranse a temáticas diversas, como a reciclaxe, o mundo da selva, os xogos Olímpicos, os xogos tradicionais, os transportes ou o Camiño de Santiago.
IDADES
Para rapaces de entre 4 e 16 anos.
ACTIVIDADES
Actividades ao aire libre · actividades deportivas · actividades acuáticas · piscina · obradoiros temáticos · actividades en inglés · baile · xogos tradicionais · clases dirixidas
ESPAZOS
Levarase a cabo no hall de entrada do Multiusos e zona exterior dos arredores, pistas de pádel e tenis, salas de actividades, piscina…
TEMPORIZACIÓN
Dende o 23 de xuño ata o comezo das clases no mes de setembro, en quendas semanais.
HORARIOS
De luns a venres con diferentes posibilidades:
– Horario do Campus: 8.45 a 14.30 horas
– Ampliación de mañá (opción de almorzo): 8.00 a 14.30 horas
– Ampliación de tarde: 8.45 a 15 horas
– Ampliación completa: 8.00 a 15 horas
– Comedor: o horario será de 14:30 a 16:00. A recollida será na cafetería do Multiusos.
INSCRICIÓN
- Prezo: Dende 46 euros/semana
(As inscricións de non abonados/as cubertas no formulario antes de tempo, serán automáticamente rexeitadas).
Unha vez realizado o pago, pode solicitar a factura cubrindo o formulario (Ten en conta que debes ter a man a factura simplificada)