Fito & Fitipaldis: información importante se ves ao concerto

Fito & Fitipaldis visitará Santiago de Compostela o sábado 29 de novembro de 2025 dentro da súa xira “Aullidos Tour”.
As canles oficiais para a compra de entradas son livenation.es, fitoyfitipaldis.com e ticketmaster.es.
As entradas para este concerto están esgotadas.


Información útil para o concerto

Data

Sábado, 29 de novembro de 2025

Horarios

19:00 h – Apertura de portas

20:30 h – Inicio do concerto


Aparcadoiro e accesos

Recoméndase planificar a ruta con antelación e seguir en todo momento as indicacións do persoal de seguridade e dos axentes de tráfico para acceder aos aparcadoiros e gozar do evento sen contratempos.

Ademais do aparcadoiro do Multiusos Fontes do Sar, o público asistente ao concerto tamén terá á súa disposición a zona de estacionamento da Cidade da Cultura.

Así mesmo, infórmase ao público de que poden producirse retencións na saída 70 da AP-9 (acceso á Cidade da Cultura) entre as 19:00 e as 23:30.


Transporte público

Poderás chegar ao Multiusos Fontes do Sar en autobús (prezo do tique: 1 €).

Servizos de IDA

Servizo lanzadeira continuo desde a rúa da Rosa:
De 18:00 a 20:30 h

Liña C11:

Frecuencia habitual os sábados pola tarde: cada 15 minutos.

Entre as 18:00 e as 20:30 h, todos os servizos que pasan por Xeneral Pardiñas prolongaranse ata o Multiusos.

Fóra deste horario, a parada máis próxima ao recinto é na rúa de Londres (cruce con Fontes do Sar).

Paradas céntricas de referencia: Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.

Servizos de VOLTA

Servizo lanzadeira de regreso á rúa da Rosa:
De 22:30 a 00:00 h, con autobuses dispoñibles á saída do evento.


Paraugas

A organización, en cumprimento da normativa vixente en materia de espectáculos públicos, non permitirá o acceso ao recinto con paraugas de gran tamaño nin con modelos que rematen en punta. Nos accesos habilitaranse colectores para que o público poida depositar, baixo a súa propia responsabilidade, aqueles paraugas que non cumpran os requisitos de entrada.

Lémbrase que os paraugas plegables si están permitidos.

Pin It