O vindeiro 11 de abril de 2026, o Multiusos Fontes do Sar converterase de novo no epicentro da boa música e da enerxía en Santiago de Compostela. Tras unha primeira edición que fixo vibrar á cidade, o Festival Jaleo! regresa cunha nova dose de música, creatividade e espírito festivo para celebrar a chegada da primavera por todo o alto.
Consolidado como unha cita imprescindible no calendario musical galego, Jaleo! reafirma a súa vocación de ofrecer unha proposta diferente, máis alá do circuito verán de festivais. Durante unha xornada, a capital galega transformarase nun punto de encontro para os amantes da música e da cultura, un espazo onde a creatividade, a diversidade e a emoción van da man nun ambiente vibrante e participativo.
Na súa primeira edición, o festival reuniu a nomes como Viva Suecia, Zahara, Carlos Ares, Sexy Zebras, Dani Dicostas e David Van Bylen DJ, confirmando que Jaleo! chegou para quedar como unha das grandes citas culturais de Galicia.
Primeiros artistas confirmados para 2026
O evento da un paso adiante con un cartel que combina talento, autenticidade e diversidade sonora. Os primeiros artistas confirmados son:
-
Xoel López
-
Sidonie
-
Ultraligera
-
De Ninghures
Venda de entradas
O pasado 14 de outubro saíron á venda os primeiros 200 Early Bird tickets, que se esgotaron en minutos.
As entradas xerais estarán dispoñibles o luns 27 de outubro ás 12:00 h desde 28 € + gastos de xestión en: www.festivaljaleo.com



