Celebración de aniversarios nas Tardes Multixogo

A actividade para a cativada “Tardes Multixogo” incorpora novamente a posibilidade de celebrar aniversarios no seu espazo de xogo.

1. Información Xeral

  • Horarios:

De luns a xoves, de 17:30 a 20:00 h. Os venres realizaranse exclusivamente baixo demanda.

  • Capacidade:

Mínimo de 8 nenos/as e máximo de 25.

Nota: En caso de que o grupo sexa inferior a 8 persoas, cobrarase o importe equivalente ao mínimo (8 asistentes).

  • Actividades:

O servizo inclúe o acceso a inchables, camas elásticas, futbolín, zona LEGO, construcións, disfraces e diversos xogos.

  • Prezos:

12 € por asistente se o/a neno/a que cumpre anos é abonado/a.

15 € por asistente se o/a neno/a que cumpre anos non é abonado/a.

2. Detalles do Servizo

  • A merenda: O menú inclúe sandwiches, snacks e tarta. Ademais, cada convidado/a recibirá unha bolsa de larpeiradas ao finalizar.
  • Uso do espazo: O grupo terá un espazo reservado en exclusiva para o momento da merenda e a torta. Porén, as zonas de xogo son compartidas co resto de persoas usuarias nese horario.
  • Forma de pagamento: Realizarase in situ o mesmo día do aniversario, podendo pagar en efectivo ou con tarxeta.

3. Protocolo de Reserva

É imprescindible seguir este procedemento para garantir a correcta organización:

  • A persoa interesada debe enviar un correo electrónico a: multixogo@multiusos.net concretando a data solicitada.
  • Dende ese correo, enviaráselle unha resposta coa confirmación de dispoñibilidade e un documento anexo coa información ampliada e detalles específicos.
Pin It