As persoas non abonadas que veñan ás instalacións disfrazadas poderán facer deporte GRATIS!

Diversión e deporte danse a man nestas datas nas instalacións deportivas de Compostela. O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel queren celebrar estes días o lado deportivo do Entroido, e animan a todos os seus usuarios a acudir ao ximnasio disfrazados, co obxectivo de desfrutar do deporte cun sorriso e de xeito diferente. Amais, como novidade este ano, aquelas persoas que non sexan abonadas ás instalacións pero que veñan disfrazadas a algún dos dous centros entre os días 8 e 12 de febreiro, poderán facer deporte totalmente gratis, sen pagar a correspondente entrada.

Pin It