O sábado 13 de decembro o incombustible Bosé regalou aos seus seguidores máis incondicionais unha noite chea dos seus grandes éxitos. Logo de ano e medio de xira con Papitour, Bosé chegou a Compostela para despedir a súa xira galega cun bo repaso aos seus trinta anos de carreira profesional. No Multiusos Fontes do Sar escoitáronse durante máis de dúas horas de concerto temas tan emblemáticos como “Si tú no vuelves”, “Linda”, “Nena”, “Amante Bandido” ou “Sevilla”. Máis de 4.000 persoas non quixeron perderse a impresionante posta en escena do madrileño.
Noticias Relacionadas
-
Apertura en festivos no mes de maio...
24/04/2024 -
Aberta a inscrición para o Campus Sar de...
17/04/2024 -
Invitámosche a dar un paseo polos centro...
02/04/2024 -
Horario de festivos en Semana Santa...
25/03/2024