A partir do 15 de xaneiro podes renovar praza nas ACTIVIDADES DIRIXIDAS PARA NENOS

bg-zumba-kidsAs instalacións ofertan actividades dirixidas destinadas aos nenos abonados: Zumba Kids, Zumba Junior, Pre-karate, Karate, Patinaxe, e Capoeira de luns a xoves entre as 17.45h e as 19.15h. Poden participar rapaces de 3 a 15 anos. Unha actividade 1 día á semana terá un prezo de 5,10€/mes. Entre o 15 e o 21 de xaneiro abrirase o prazo de inscrición para os cursos cuadrimestrais de febreiro a maio para quenes queiran renovar a súa praza.  A partir do 22 de xaneiro abrirase a inscrición para novas altas. As prazas son limitadas. 

Nas instalacións ofértanse tamén outras actividades para os nenos que son abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao C.D. Santa Isabel: o Campus Sar, que se desenvolve en todos os períodos vacacionais; os cursos de pádel, tenis e natación; o Multixogo, que se celebra de outubro a maio e é de acceso gratuito para abonados; a celebración de cumpreanos; ou as actividades de acceso libre, como a piscina de verán e inverno, o baloncesto, o fútbol sala ou o tenis de mesa. Os abonados do C.D. Santa Isabel poderán utilizar as instalacións do Multiusos Fontes do Sar durante a celebración das clases nas que estea inscrito o seu neno. 

Pin It