Once deportistas do Club Juancho Vázquez do Multiusos asisten en abril ao Campionato de España de Kickboxing

IMG_8069Un total de once deportistas do Club Juancho Vázquez do Multiusos Fontes Do Sar formarán parte da selección galega que participará nos campionatos de España de Kickboxing que se celebrarán en Salamanca os días 22, 23 e 24 de abril. Tomás Vazquez, Celia Troitiño, Ainara Vilafañez, Javier Fajardo, Fernando García, Beatriz Pérez, Santiago Fernández, María Ortega e Aitana Naveiras representarán a Galicia na especialidade de Light Contact, mentres que en Point Fight o farán Sara Salazar e Joel Santiago. Noraboa a todos, formar parte da selección xa é un gran logo. Agora sorte e que poidades colleitar bos resultados!

Pin It