La Oreja de Van Gogh, acompañados por Dover e Coti, o 3 de Maio no Multiusos

O 3 de maio comeza en Santiago a xira que reúne por primeira vez ó cantautor arxentino Coti, e os grupos españois Dover e La Oreja de Van Gogh. Logo de visitar a capital galega, as tres agrupacións actuarán en Bilbao, Madrid, Málaga, Zaragoza, Valencia e Barcelona.O concerto está organizado en colaboración con La Caixa e a emisora 40 Principales.

As entradas para asistir a esta triple actuación custan 30 euros e xa están á venda a través do teléfono da red Servicaixa, 902 33 22 11. Os clientes de La Caixa con menos de 26 anos e que teñan a tarxeta dos 40 Principales terán un desconto de 10 euros.

Pin It