Comezan os cursos de natación en Santa Isabel

O venres 1 de xuño inícianse os cursos de natación, que van dirixidos a tódalas idades e a tódolos niveis. A novidade deste ano son os grupos de “Actividade Acuática para a Terceira Idade”.

O 1 de xuño empezan a impartirse os cursos de natación intensivos que se celebrarán durante todo o mes no Complexo Deportivo Santa Isabel. Os cursos están dirixidos a persoas de tódalas idades (desde nenos de 3 anos até a terceira idade) e de tódolos niveis (dende iniciación até perfecionamento).

Este ano, por vez primeira, haberá tamén grupos de Actividade Acuática para a Terceira Idade. Esta actividade está pensada para persoas maiores de 60 anos independentemente do seu dominio do medio acuático. Ó longo do curso tentaranse aproveitar os beneficios do traballo no medio acuático (diminución do impacto articular, relaxación, mellora da musculatura estabilizadora do raquis, etc,) para mellorar de xeito seguro e efectivo as capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde (forza, resistencia, e flexibilidade).

Pin It