Volve a sentirte flexible: volve o Pilates

O método de adestramento físico e mental máis popular na actualidade, o Pilates, regresa ás nosas instalacións. O 3 de setembro comezan varios módulos para que coñezas e practiques esta especialidade que che axudará a mellorar a túa forza e flexibilidade.
No MULTIÚSOS, os cursos terán unha duración de un mes e constarán de dúas clases á semana, a escoller entre os seguintes horarios:
– Luns e mércores: 10:00-11:00; 18:00-19:00; 19:10-20:10; 20:10-21:10; 21:15-22:15
– Martes e xoves: 19:10-20:10
No C.D. Santa Isabel comezan os cursos cuadrimestrais, que se desenvolverán en dúas sesións semanais a escoller entre os seguintes horarios:
– Martes e xoves: 10:00-11:00; 21:15-22:10
– Luns e mércores: 19:00-20:00
Se desexas mellorar a túa condición física co exercicio de moda, só tes que apuntarte na recepción do Multiúsos ou do Complexo Deportivo Santa Isabel. O prezo do curso é de 15 euros ó mes.
A partires do mes de outubro comezarán os cursos cuadrimestrais no Multiúsos.

Pin It