REVISTA DE PRENSA.Un estudo científico determina que as persoas sedentarias envellecen 10 anos antes que as que fan deporte

Numerosos estudos teñen demostrado ó longo do tempo os destacables beneficios da práctica de actividade física. Agora, unha nova investigación realizada polo King’s College London (Reino Unido) acaba de desvelar datos realmente impactantes en relación co deterioro celular en individuos inactivos. Tras analizar a idade celular de 2.401 pares de xemelgos, este estudo revela que as persoas sedentarias envellecen ata 10 anos antes que as que fan exercicio. Ó parecer, e segundo se desprende da citada análise, aquelas persoas que facían deporte menos de 16 minutos á semana tiñan os telómeros máis curtos (sinal de envellecemento) que aquelas que facían máis exercicio físico semanal.
Fonte da información: EL MUNDO

Pin It