O 1 de maio procedeuse a actualizar as tarifas das instalacións segundo o IPC do ano 2007

Con data de 1 de maio procedeuse á actualización das tarifas, tanto do Multiusos Fontes do Sar coma do Complexo Deportivo Santa Isabel, trala súa aprobación pola Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, coa ratificación e incremento dos prezos segundo o I.P.C. do ano 2007.
Así, a matrícula familiar queda establecida en 38 euros, mentres que as outras matrículas custarán 34 euros. Un abono mensual familiar custará 37,50 euros e un individual por este mesmo período, 30 euros. O abono mensual de mañás queda en 21 euros, mentres que o junior e o da terceira idade terán un prezo de 16,20 euros. A entrada dunha hora custará 3,50 euros e a xeral 6,40 euros.
Respecto ás cotas de mantemento, a familiar pasará a custar 10,40 euros, e as outras custarán 7 euros. No tocante ó servizo de solarium, unha sesión custará dende o 1 de maio 2,45 euros.

Pin It