“Elyptic” é unha actividade colectiva que se realiza sobre unha elíptica deseñada específicamente para este fin, e dirixida por un instructor ao ritmo da música. Trátase dunha actividade divertida e fácil de practicar, na que se realiza un traballo moi completo: trabállase tanto o tren inferior coma o superior. A clase impártese nunha das novas salas polivalentes abertas recentemente no recinto. Consulta os horarios e proba!