Visita do profesor Zhang Jian ao C.D.Santa Isabel

O venres 23 de xaneiro ás dez da mañá, o profesor Zhang Jian impartirá un obradoiro de Daoyin Yangsheng Gong entre os abonados practicantes desta ximnasia terapéutica china, a cal está fundamentada sobre a Mediciña Tradicional China e baseada nos movementos das antigas prácticas ximnásticas, Taïjïquan e Wushu chinos.
O Daoyin Yangsheng Gong é un dos sistemas máis completos, estruturado e científico de Qi Gong Dinámico e Taïjï actuais para preservar a saúde. Daoyin Yahgsheng Gong componse de táboas de exercicios especiais e específicos para mellorar unha determinada función corporal, incluíndo: estiramentos, exercicios de educación respiratoria, automasaxes, flexibilidade muscular, mobilidade articular, coordinación e fortalecemento corporal. Estes exercicios desenvólvense cunha execución rítmica e coordinación musical, polo que ao mesmo tempo é un bo adestramento e resulta unha excelente terapia para axudarnos a prever enfermidades e mellorar a nosa calidade de vida.

Pin It