O mércores 4 de marzo presentouse na pista central do Multiusos Fontes do Sar a nova coreografía de BodyStep (coreografía 75). Ao longo de unha hora os asistentes divertíronse aprendendo os novos pasos desta moderna disciplina do step. A clase estivo impartida polos instructores das instalacións Sergio Vázquez, Aurora Besteiro, Paula García, Isabel Agasi e Manuel Salvado. O acceso foi libre e gratuíto para os abonados das instalacións deportivas. Na actividade participaron preto de noventa persoas.