Esgotadas as localidades para ver este sábado no Auditorio de Galicia o musical “A volta ao mundo de Willy Fog”

“Willy Fog, el musical” poderase ver o 14 de novembro ás 18:30h. no Auditorio de Galicia, grazas ao patrocinio de Fundación Caixa Galicia, a Concellaría de Cultura de Santiago e GADIS. As entradas para ver o espectáculo xa están esgotadas.
O musical, promovido polo Multiusos Fontes do Sar, xa foi visto en toda España por máis de 80.000 espectadores, que non se quixeron perder este evento dirixido a toda a familia e creado por Claudio Biern Boyd, autor de grandes éxitos da animación como “David, el Gnomo”,” D’Artacan e os tres mosqueperros” ou “A volta ao mundo de Willy Fog”. O musical xa se ha puido ver en Madrid, Palma de Mallorca, Jaén e Alicante, onde os máis pequenos gozaron xunto con toda a familia ao ritmo da coñecida sintonía “Son, ochenta días son, ochenta nada más, para dar la vuelta al mundo, …ven, ven, con nosotros ven, lo pasaremos bien”. A obra ten voces en vivo e en directo e pon en escena unha fantástica aventura chea de bo humor, imaxinación, cancións e excelentes coreografías.

Pin It