O 2 de decembro, no Multiusos Fontes do Sar, non te perdas o ELYPTIC NAVIDEÑO!

Achégase o Nadal, e as instalacións deportivas prepáranse para celebralo contigo. O mércores 2 de decembro, no Multiusos Fontes do Sar, non te perdas o ELYPTIC NAVIDEÑO! Unha clase especial con música específica e coa posibilidade de que os usuarios asistan con algún elemento característico destas datas. A actividade, impartida polas instructoras Ana e Berta, desenvolverase en varias sesións: ás 20:05h (clase de media hora), ás 20:40h (clase de media hora) e ás 21:15h (55 minutos). Anímate a participar! Amais de divertirte poderás gañar un agasallo!

Pin It