ARTIGO. “A lesión deportiva, a cara B do deporte”. Juan Carlos Rodríguez Mallo.

JUAN CARLOS RODRÍGUEZ MALLO. Recuperador Funcional Deportivo. Licenciado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. Máster Universitario en Prevención y Readaptación de Lesiones Deportivas en el Fútbol.
A lesión deportiva, a cara B do deporte. É habitual que tras unha fin de semana cargada de competicións deportivas, o luns nos atopemos nos medios con algunha grave lesión dun deportista. Sen ir máis lonxes na nosa mente está a recente do xogador do R.C. Deportivo da Coruña Filipe Luís. De feito, as lesións formaron, forman e formarán parte do mundo do deporte; son a cara B do mesmo. Por iso, intentaremos dar unha idea xeral do que é a lesión deportiva.
Definición de lesión deportiva. As definicións máis correntes sobre lesión deportiva consideran o tempo que o deportista está alonxado da competición como o determinante principal (DeLeey Farney, 1992). Se empregamos esta definición, diremos que unha lesión prodúcese cando un deportista se ve na obriga de deixar un partido ou a práctica dun deporte durante un tempo predeterminado, por exemplo, 24 horas.
Fisioloxía das lesións deportivas. Sempre que os tecidos sofren algún dano como resultado dunha lesión, o corpo reacciona con rapidez levando a cabo unha serie de accións fisiolóxicas predicibles e destinadas a reparar os tecidos afectados. A resposta inicial do corpo a un traumatismo é a inflamación ou hinchazón, que empeza durante os primeiros minutos. Os signos e síntomas normais da inflamación inclúen hinchazón, dor, enroxecemento da pel e aumento da temperatura da zona lesionada (AAOS, 1991).
Tipos de lesión deportiva: musculares, no 31% dos casos; ligamentosas, nun 21%; tendinosas, no 17% das situacións; esqueléticas, no 9%; lesións de columna vertebral (non musculares), o 8%; articulares, o 7%; e pubalxias, nun 7% das lesións (Ekstrand y Gillquist, 1983).
Fases da lesión deportiva: O proceso inflamatorio foi descrito como un proceso composto por distintas fases específicas. Iníciase cunha fase aguda, séguelle unha fase de resolución e finaliza coa fase de rexeneración e reparación (Lachmann, 1988). Cada unha cumpre unha función específica e todas son esenciais para a reparación correcta das estruturas danadas (Roland P. Pfeiffer & Brent C. Mangus, 2007). Na fase inflamatoria aguda, que adoita durar entre 24 e 48 horas, a forza mecánica da lesión normalmente produce danos en distintos tecidos brandos, incluidos os vasos sanguíneos; como resultado, o súbito aumento do fluxo sanguíneo conleva a formación dun hematoma. Na fase de resolución (curación) comeza a reparación dos tecidos, ao acudir á área células especializadas que inician o proceso de destrucción dos restos celulares, deixando sitio libre para a creación do novo tecido. Por último, na fase de rexeneración e reparación, a excepción dos osos, os tecidos conectivos do corpo se curan por si mesmos creando un tecido cicatrizal, que comenza a formarse 3 ou 4 días despois de producirse a lesión.
Pautas para la prevención de lesiones en el deporte. Na práctica deportiva convén facer exercicios de quencemento, tanto en estático como en dinámico (xerais ou específicos); realizar estiramentos antes e despois da práctica deportiva (estático ou dinámico); enfriarse despois de realizar deporte (Cool Down); hidratarse adecuadamente antes, durante e despois do exercicio (bebidas isotónicas); usar un calzado adecuado, en bo estado e acorde á actividade que se realiza; facer unha recuperación funcional adecuada da lesión, antes de retomar a práctica deportiva.

Pin It