O instructor de Ioga Toño González impartirá este sábado, 17 de abril, unha xornada de ioga e relaxación en solidariedade con Haití. Será a partir das cinco e media da tarde no Complexo Deportivo Santa Isabel. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente (tlfno. 650 377 718) e facer unha aportación de 10€, que se destinarán á Cruz Vermella, unha das institucións humanitarias que están a traballar no país devastado polo terremoto. A xornada consitirá nunha sesión de Ioga en parella, sinxelas técnicas de masaxe e Ioga Nidra.