Varios alumnos participaron nunha práctica do estilo Sun de Tai Chi

O sábado 15 no Multiusos Fontes do Sar tivo lugar unha práctica e demostración do estilo Sun de Tai Chi, coa participaciòn de compañeiros e practicantes desta actividade das instalacións deportivas de Sar e Santa Isabel.
Dos catro principais estilos de Tai Chi Chuan (Chen, Yang, Wu e Sun) o Sun é o máis recente. O seu creador, Sun Lutang (1861-1933), baseouse na súa experiencia nas artes marciais e imprimiulle certas características que o fan único. Os movementos do estilo Sun parecen máis simples que os doutros estilos, o que permite que o principiante poida aprendelos de xeito doado, animándose a avanzar na pràctica e a incrementar a comprensión do estilo.
As posicións lixeiramente elevadas e os movementos non demasiado esixentes fisicamente, permiten que sexa moi accesible para as persoas maiores ou con algún problema físico. A mobilidade dos desprazamentos e os movementos executados dun xeito suave, animado e lixeiro, permiten mobilizar suavemente todo o corpo, otorgando numerosos beneficios para a nosa saúde (para a mobilidade, a coordinación, a memoria…).
Todolos participantes se amosaron satisfeitos con este primeiro contacto co estilo Sun, xa que a maioría practican o estilo Yang e puideron gozar da oportunidade de experimentar unha evolución deste estilo.
Preme aquí para ver máis fotos

Pin It