O Multiusos Fontes do Sar acolle a partir de abril un curso de formación en Sat Nam Rasayan, unha técnica de meditación que axuda a liberar tendencias e limitacións no corpo, a mente e o espírito. Desenvolveranse en total 12 seminarios, dos cales dez se celebrarán no recinto compostelán, e os dous restantes en Madrid e Barcelona. A formación estará impartida por Ambrosio Espinosa, encargado de instruir nesta ensinanza en España dende 1992. Os seminarios serán o primeiro domingo de cada mes, e cada un terá unha duración de 6 horas, que se distribúen entre mañán e tarde. Se estás interesado podes atopar máis información en www.yogaensantiago.com ou chamando ao profesor Toño González (650 377 718).
Noticias Relacionadas
-
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024 -
Abrimos a inscrición para o Campus Sar d...
12/11/2024 -
Últimas prazas para participar na II Rut...
12/11/2024 -
Novo MultiSan Day en funcional...
31/10/2024