Continúa aberta a inscrición para o curso de PNB que comeza o 28 de maio

INFORMACIÓN XERAL

Organización: Cursos de titulacións de lecer de acordo coa normativa actual, organizados pola Escola de Navegación de Lecer Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL X GEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar dentro do seu programa de Náutica Popular.
Teoría: Cursos semipresenciais ou mixtos (combínase un curso por internet con clases presenciais). O curso por internet é de última xeración, único en Galicia e desenvolvido en exclusiva pola Escola Náutica Portomeloxo. As clases presenciais terán lugar na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar e son a cargo dun capitán da mariña mercante especializado en ensinanzas náuticas. O curso por internet estará a plena disposición dos nosos alumnos ata que superen o exame. Se algún alumno suspende poderá facer o seguinte curso de xeito gratuíto.
Exame extraordinario: Os alumnos farán exames teóricos extraordinarios (para os nosos alumnos) na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira (Praia de Coroso s/n).
Prácticas: Os nosos alumnos terán tratamento especial para facer as prácticas oficiais obrigatorias nas nosas embarcacións homologadas. As datas nas que se realizarán acordaranse cos propios alumnos procurando a súa conveniencia.

PNB (PATRÓN PARA A NAVEGACIÓN BÁSICA) · semipresencial
Atribucións: Manexo de embarcacións de motor de ata 7,5 m. e sen límite de potencia, e de vela de ata 8 m., ata 5 millas de distancia dun lugar de abrigo en navegacións diurnas ou nocturnas. Inclúe o manexo de motos acuáticas.
Presentación e entrega de documentación: sábado día 28 de maio, ás 10.00 h.
Clases presenciais: os sábados 11 e 25 de xuño, de 10 a 14.00 h.
Exame: 29 de xuño ás 16.30 h. na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira
Prácticas: Poden facerse antes o despois do exame, a conveniencia dos alumnos. Seguridade e navegación (motor): 12 horas. Vela: 8 horas. Radiocomunicacións: 2 horas.
Prezos: Curso teórico: 180 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo de Santa Isabel. 200 € para o resto. O prezo inclúe IVE, materiais e subscrición ao curso por internet. Non inclúe taxas de exame que hai que pagar á Xunta (29 €).

Para matricularse no curso é preciso mandar a solicitude ao email: cursosnautica@
multiusos.net e traer o día da presentación o recibo de ter ingresado no banco o
importe do curso teórico. O ingreso deberá facerse na conta de Portomeloxo S.L,
nº 0182 0267 19 0101501397. Tamén pódese pagar en efectivo o mesmo día da
presentación. Calquer dúbida no teléfono 616217619 (Pedro Puialto). Máis información
en www.portomeloxo.com ou www.multiusos.net.

Pin It