As Festas do Apóstolo 2011 remataron cunha homenaxe á música dos oitenta

A recta final das Festas do Apóstolo deste ano soou a música dos anos oitenta, con algún tinte dos noventa. A noite do 31 de xullo XADE promoveu na praza da Quintana un concerto de acceso gratuíto enmarcado no programa festivo do Concello no que preto de 2.500 persoas corearon moitas das cancións que marcaron unha época no panorama musical español.
“Cosas de la edad”, “Como te mueves”, “Todo es por tu amor”, “No me beses en los labios”, “Quiero un camino”… foron tecendo a banda sonora desa noite na Quintana. Os encargados de poñer en escea o repaso de grandes éxitos foron TRIBOO POP (grupo de versións de pop español), MODESTIA APARTE, JUANRA ARNAIZ (GUARANÁ)e DYLAN FERRO (MELON DIESEL-TAXI). Logo dun parón para o espectáculo de fogos artificiais COSTAS, ex cantante e compositor de Siniestro Total e Aerolíneas federales, foi quen puxo voz á clausura das festas.

Pin It