Xa está habilitada a aplicación para que poidas reservar pista de pádel e tenis por Internet

Para facercho máis doado e áxil poñemos á túa disposición unha aplicación mediante a cal poderás realizar reservas de pista e pagar o importe que corresponda a través de TPV virtual.
Fai CLIC AQUÍ para facer a túa reserva
Unha vez te REXISTRES como usuario poderás seleccionar a data, o horario e a pista para proceder a realizar a RESERVA. A continuación terás que introducir os datos de todos os xogadores e, despois, facer o pago da pista mediante a pasarela de pago de NovaGalicia Banco.
Se tes algunha dúbida consúltanos no teléfono 981 568 162 ou no correo electrónico padel@multiusos.net.

Pin It