Suso Rial e José Gontán, campións do I Torneo De Pádel De Sar

O sábado 7 e o domingo 8 de xaneiro desputouse nas instalacións do Multiusos o I Torneo de pádel de Sar. Acompañados polo bo tempo, 64 xogadores competiron nesta primeira proba organizada por XADE e que contou coa colaboración de Base Centro Deportivo. A parella formada por Suso Rial e José Gontán resultou vencedora.

Na final do cadro principal, celebrada no mediodía do domingo, Suso Rial e José Gontán impuxéronse a Iván Tarrío e Santiago Rodríguez, por un marcador de 6-3 / 7-5. No cadro de consolación os primeiros clasificados foron os irmáns Diego e Miguel Villar, que venceron aos tamén irmáns Jorge e Jesús Tato, por un doble 6-4. Na entrega de premios estiveron presentes o Concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o xerente do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel, Santiago López Cuadrado. Os gañadores levaron trofeos, palas de pádel, sesións de aparatoloxía estética no centro de beleza Multiestetic, e clases particulares de pádel nas instalacións.

Pin It