O 17 de xaneiro abre a inscrición para os cursos de natación cuadrimestrais no Multiusos Fontes do Sar e o CD Santa Isabel

En febreiro comezará no Complexo Deportivo Santa Isabel e na piscina Fontes do Sar unha nova edición de cursiños de natación cuadrimestrais, na que se ofertan máis de 1.500 prazas para abonados e non abonados ás instalacións. Para os abonados existe unha boa variedade de cursiños: natación terapéutica e preparto, clases específicas para as persoas maiores de 60 anos, para nenos de diferentes rangos de idade (3-5 anos, 6-12 anos, 13-17 anos), para quenes coñecendo as técnicas da natación buscan mellorar a súa condición física (cursiño MASTER) e cursos de matronatación, nos que se ofrece a posibilidade ao pai/nai de participar na actividade co neno/a.

A inscrición aos cursos realizarase entre o 17 e o 20 de xaneiro de xeito presencial na recepción das piscinas Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel, ou de xeito on-line a través da web www.multiusos.net e www.santaisabel.net. O martes 17 de xaneiro abrirase a inscrición para os adultos abonados, o mércores 18 será a quenda dos nenos abonados, o xoves 19 tocaralle aos adultos non abonados ás instalacións, e o venres 20 terán que inscribirse os nenos que non sexan socios de ningún dos dous centros. O prezo do curso completo (os catro meses) para os adultos abonados é de 15,40€ -se o curso se desenvolve dous días á semana- e de 7,60€ -se o curso é un só día á semana-. Os nenos abonados a algunha das dúas instalacións pagarán 10,90€ polo curso que se imparte dous días á semana, e 5,40€ polo que é un día á semana. O prezo do curso para os adultos non abonados é de 30,80€, e para os nenos que non están abonados é de 21,80€.

Consulta aqui o listado de cursos

Pin It