Comeza no Multiusos Fontes do Sar o programa “VIVIR SAN” de iniciación ao mundo orgánico e biosaudable

Durante os meses de maio e xuño desenvolverase no Multiusos Fontes do Sar o programa de iniciación ao mundo orgánico e biosaudable VIVIR SAN, organizado conxuntamente coa empresa de formación Portomeloxo.

O programa consiste nun ciclo formativo no que se trata de xunguir o mundo da saúde natural e da ecoloxía de xeito atractivo, sinxelo e económico e está destinado a todas as persoas interesadas en achegarse a un modo integral de vida saudable e autosuficiente. O ciclo consiste en dous cursiños teórico/prácticos, un de plantas medicinais e outro de agricultura ecolóxica, e remata o 23 de xuño cun roteiro polas beiras do Sarela para recoller as tradicionais herbas de San Xoán. Se o programa ten éxito realizarase un máis extenso e completo que se iniciaría no outono.

Curso de “Introdución ás prantas medicinais”.
O curso consta de 12 horas repartidas en dúas sesións teórico/prácticas de catro horas cada unha a desenvolver nas aulas do Multiusos Fontes do Sar os sábados días 5 e 12 de maio de 10 a 14 h., e unha saída ao campo para recoller e recoñecer plantas un deses sábados pola tarde a determinar cos asistentes. Estará a cargo da profesora de fitoterapia e aromaterapia María do Carme Pícallo Ferreiro que ensinará de xeito práctico técnicas de preparacións medicinais como infusións, cremas, tinturas, aceites, xels, licores, etc. O prezo é de 65 € para o público xeral e de 55 para os abonados ao Multiusos / Santa Isabel.

Curso de “Iniciación á agricultura ecolóxica”.
O curso consta de 30 horas repartidas en 2 sesións de 7 horas cada unha os sábados 26 de maio e 2 de xuño, e outras dúas sesións de 8 horas cada unha os sábados 9 e 16 de xuño. O horario será as respectivas mañás a partir das 10 na aula do Multiusos e polas tardes nunha horta onde se realizarán as prácticas. O curso estará a cargo da bióloga especializada en cultivos orgánicos Aurora Calviño Costas. O programa do curso, con aceno na práctica, contempla as bases agroecolóxicas, o solo e a fertilización, o manexo da produción vexetal, a auga, o control de enfermidades e pragas e o mantemento e a elaboración de elementos adicionais na horta. O prezo é de 160 € para o público xeral e de 145 para os abonados do Multiusos / Santa Isabel.

Saída polas ribeiras do Sarelana tarde do día 23 de xuño, en dúas quendas, de 16.30 a 18 h. a primeira e de 18 a 19.30 a segunda na que da man dunha experta recolleranse as herbas de San Xoán para elaborar segundo a nosa tradición a lavativa máxica e purificadora propia da data. O prezo desta actividade é de 6 € para o público xeral e de 5 para os abonados ao Multiusos / Santa Isabel.

PREZO ESPECIAL: Os que asistan a todo o ciclo consistente nas 3 actividades terán un prezo especial de 210 € para o público en xeral ou de 180 si son abonados ao Multiusos / Santa Isabel.

INSCRICIÓN: Os interesados deberán apuntarse mediante un email a vivirsan@multiusos.net.

PAGO: O pago realizarase mediante transferencia ao nº de conta 0182 0267 13 0201551355 indicando o nome e o curso elixido ou en efectivo ao comezo do curso correspondente.

Pin It