A tanita, unha máquina validada por estudios médicos, analiza a túa composición corporal no centro de estética Multiestetic

O Multiusos Fontes do Sar dispón no seu centro de estética dunha TANITA para a análise da composición corporal. Este instrumento, homologado en clase III (Directiva Sanitaria MDD), conta con oito electrodos para realizar a análise de composición do conxunto do noso corpo e por segmentos (brazos, pernas e tronco), facilitando resultados de forma localizada.
En 20 segundos este aparello permite obter resultados tales como masa graxa, masa libre de graxa, auga corporal, metabolismo basal, índice de masa corporal…, e convértese nunha ferramenta moi útil para facer seguementos personalizados destes valores e orientar a nosa práctica de exercicio físico en combinación coa aparatoloxía do centro de estética (presoterapia, plataforma vibratoria, cavitación, etc)

Composición corporal e exercicio físico.
Tradicionalmente considerouse que o corpo humano está constituido por dous compartimentos, o proteico e o graxo, tamén denominados masa libre de grasa (magra) e masa graxa. Un índice popularmente coñecido para a valoración da compoñente graxa é o I.M.C. (Índice de Masa Corporal), un valor que relaciona o peso coa talla dunha persoa e cuxa fórmula é I.M.C. = Peso/talla2 (Kg/m2). En función do resultado obtido na ecuación poderemos situarnos nalgún dos seguintes segmentos, co seu correspondente grao de obesidade (segundo a Sociedade Española para o Estudio da Obesidade): menos de 20 é baixo peso; de 20 a 24.9 é normal; de 25 a 29.9 trataríase dunha obesidade leve; de 30 a 40 dunha obesidade severa e máis de 40, unha obesidade moi severa.

Pin It