A mellor parella galega de pádel, Borja Yribarren e Ignacio “Pio” Otero, estivo o sábado 5 de maio nas pistas de Sar para impartir un clínic do seu deporte. Os vinte participantes tiveron a oportunidade de coñecer de preto a dous profesionais do pádel e desfrutar con eles dunha clase práctica.
Borja e Pío ofreceron unha charla na que contaron a súa experiencia como profesionais, para logo dividir ao grupo en dous e desenvolver unha sesión de xogo de ataque (golpes, técnica, etc..) e de xogo de defensa.