Participa no II Open de Pádel Feminino Cadena 100 entre o 18 e o 20 de maio nas pistas de pádel de Sar

Os días 18, 19 e 20 de maio celébrase nas pistas de pádel de Sar o II Open de Pádel Feminino Cadena 100, un campionato enmarcado dentro do programa de actividades das festas da Ascensión que conta coa colaboración do Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar. Na proba poden participar mulleres a partir de 16 anos sen necesidade de que teñan licencia federativa. As interesadas en inscribirse poden facelo de xeito gratuíto entregando o formulario de inscrición na recepción das piscinas Fontes do Sar ou mandándoo escaneado a padel@multiusos.net dende o luns 23 de abril ata o martes 15 de maio ás 14h.
Entre os agasallos para as parellas campionas e subcampionas do cadro principal e de consolación haberá trofeos, vales regalo de 100 € para gastar en material na tenda Base Centro Deportivo, e sesións de aparatoloxía no centro de beleza Multiestetic. A parella gañadora na fase local asistirá á proba galega o 2 de xuño en Santiago de Compostela, e optará a participar con todos os gastos pagados na final nacional que se desputará en Madrid o 17 de xuño.
Descarga aquí o cartel do torneo
Descarga aquí o regulamento
Descarga aquí a folla de inscrición(deberás entregala debidamente cumprimentada na recepción das piscinas Fontes do Sar ou enviala escaneada a padel@multiusos.net e agardar a confirmación da túa inscrición).

Pin It