Únete ao “Corre San”, o circuito de carreiras saudables organizado polo Concello de Santiago

O Concello de Santiago de Compostela, a través do seu departamento de Deportes, organiza o “I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé pola cidade que busca concienciar sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida.
O circuíto está aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos contornos da cidade nos que normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo. Nas probas teñen cabida atletas de case todas as idades con distancias adaptadas
a cada categoría.

¿Que é o CorreSAN?
Son catro carreiras populares a pé polas rúas de Santiago con 4 circuitos diferentes.
¿Cando e onde é?
O 30 de xuño no Campus Sur
O 14 de xullo no Casco Histórico (carreira nocturna)
O 29 de setembro no Parque do Restollal (Hipercor)
O 14 de outubro na Cidade da Cultura ata o Estadio de San Lázaro
¿Quen pode participar?
Todos os interesados. Haberá diferentes categorías segundo idades e niveis, e agasallos para todos os participantes.
Incricións en www.atletismogalego.org
Máis información no teléfono 981 192 331

Pin It